Wednesday 01 de May de 2024

O goberno local propón instalar un ascensor na casa consistorial e un novo espazo administrativo para Servizos Sociais


Como plan complementario proponse o SANEAMIENTO en la CALLE, PRAVIO, CAMBRE, cun presuposto de 63.586,35 euros, que consiste esencialmente na construcción dunha nova rede de augas residuais

O goberno local propoñerá ao pleno extraordinario do vindeiro mércores unha serie de obras con cargo ao PLAN DE AFORRO E INVESTIMENTO 2016 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (PAI 2016). Deste xeito, o Concello presenta como plans principais, as obras denominadas “PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCION DE INSTALACIÓN DE ASCENSOR EN LA CASA CONSISTORIAL DE CAMBRE” e “REFORMA DE LOCAL COMERCIAL PARA USO DE OFICINAS MUNICIPALES” e como plan complementario proponse a actuación denominada “NUEVA RED DE SANEAMIENTO EN LA CALLE PRAVIO, CAMBRE”. En total os fondos provinciais ascenden a 353.923,87 euros dos que o 26% serán destinado a redución do endebedamento. As propostas terán que ser aprobadas no pleno de mañá mércores para que sexan ratificadas no ente provincial. O goberno local espera que todos os grupos municipais respalden os proxectos, xa que se tratan de vellas demandas tanto de veciños coma de técnicos municipais.

O goberno local considera necesario facer accesible a casa consistorial que nunca tivo ascensor e que supón unha barreira arquitectónica para os veciños que queren acceder aos departamentos do piso superior. O proxecto do ascensor supón un orzamento de execución por contrata de trinta e nove mil novecentos noventa euros (39.990,00 €). As obras consisten esencialmente na instalación dun ascensor no edificio destinado a Casa Consistorial do Concello de Cambre para mellorar as condicións de accesibilidade dos traballadores e viciños. “Non podemos estar máis tempo sen accesibilidade a casa de todos os cambreses que é o concello. É inconcebible que neste tempo o edificio non teña ascensor e moitas persoas con mobilidade reducida non poidan acceder a pranta superior”, apuntou o alcalde, García Patiño.

Por outra banda, tamén se propón a obra denominada “REFORMA DE LOCAL COMERCIAL PARA USO DE OFICINAS MUNICIPALES” cun presuposto de ejecución de 221.744,60 euros, e que consiste esencialmente na reforma dun local comercial situado na rúa Río Barcés 4, para uso de oficinas municipais na Barcala. O que se pretende a reformar uns baixos na Barcala para reubicar alí o departamento de Servizos Sociais. Trátase dunha demanda das propias traballadoras sociais que entenden que o seu departamento ten que estar nun espazo que garantice a privacidade das consultas dos veciños cos técnicos. O anterior goberno fixo un proxecto para reformar os baixos da Barcala e que agora será utilizado-ese mesmo proxecto- para habilitar as oficinas de Servizos Sociais, demanda de técnicos e usuarios deste departamento. Segundo o alcalde, os técnicos reiteraron a necesidade de contar con espazos o marxe doutros departamentos tendo en conta que deben garantir a privacidade dos temas que atenden a diario.

Como plan complementario proponse a actuación denominada “NUEVA RED DE SANEAMIENTO EN LA CALLE, PRAVIO, CAMBRE”, cun presuposto de execución material de 63.586,35 euros, que consiste esencialmente na construcción dunha nova rede de augas residuais no lugar da Calle, parroquia de Pravio, e a súa conexión á rede existente, ademáis da mellora do firme.

A proposta inclúe destinar unha parte dos fondos reducción do endebedamento do Concello con un importe mínimo que resulta de aplicar ao préstamo provincial asignado a procentaxe do nivel de endebedamento definido neste punto das bases, sobre un préstamo máximo de 353.923,87 euros da Deputación. O investimento das obras do Plan Principal ascende a 261.764,60 euros, esto supón o 73,96% para investimento e o 26,04% (92.159,27 €) para reducción de endebedamento.